Dende os anos 90 coa recuperación e posta en valor da tradición xacobea, o Camiño de Santiago achega á nosa terra un novo turismo, un turismo procedente -ademais da península- de diferentes puntos do planeta; EEUU, Brasil, Xapón, China, Alemaña, Países Baixos, etc…, é o turismo cultural que busca as peculiaridades das nosas paisaxes, das nosas costumes, máis, tamén, estas terras que ocultan a maxia dun pasado cargado de espiritualidade arredor do fin do mundo céltico, fenicio, grego, romano.. .
![]() |
A nosa terra ten todos eses parámetros que a fan única para o turismo cultural; historia, arte, paisaxes, xentes, gastronomía. En cada recanto da nosa terra temos un tesouro que amosar aos que nos visitan, dende esta iniciativa cultural poñemos en valor eses recursos turísticos e ofrecemos unha serie de actividades de lecer para o deleite dos nosos veciños e visitantes.
Contamos coa titulación de Promotor Turístico e coa experiencia de levar a responsabilidade da presidencia da Asociación Cultural Ánxel Casal de Arzúa durante os seus catro primeiros anos do 2000 ao 2004. Tamén formamos parte da Asociación da Festa do Queixo de Arzúa, onde asumimos a organización das actividades musicais e culturais do evento nos anos 2004-2005.
Ofrecemos servizos de dinamización cultural orientado aos concellos, asociacións culturais, turismo rural, etc..
Realización de inventario patrimonial, estudio heráldico das casas brasonadas, elaboración de rutas culturais, etc…
Máis información en:
Máis información en:
Teléfono: 698180431
Correo electrónico: caetracultural@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario