Dende os anos 90 coa recuperación e
posta en valor da tradición
xacobea, o Camiño de
Santiago achega á nosa terra un novo turismo, un turismo
procedente -ademais da península- de diferentes puntos do planeta; EEUU, Brasil,
Xapón, China, Alemaña, Países Baixos, etc…, é o turismo cultural que busca as
peculiaridades das nosas paisaxes, das nosas costumes, máis, tamén, estas terras
que ocultan a maxia dun pasado cargado de espiritualidade arredor do fin do mundo
céltico, fenicio,
grego, romano.. .
![]() |
A nosa terra ten todos eses
parámetros que a fan única para o turismo cultural; historia, arte, paisaxes,
xentes, gastronomía. En cada recanto da nosa terra temos un tesouro que amosar
aos que nos visitan, dende esta iniciativa cultural poñemos en valor eses
recursos turísticos e ofrecemos unha serie de actividades de lecer para o
deleite dos nosos veciños e
visitantes.
Contamos coa titulación de Promotor
Turístico e coa experiencia de levar a responsabilidade da presidencia da
Asociación Cultural Ánxel
Casal de Arzúa durante
os seus catro primeiros anos do 2000 ao 2004. Tamén formamos parte da Asociación
da Festa do Queixo de
Arzúa, onde asumimos a
organización das actividades musicais e culturais do evento nos anos
2004-2005.
Ofrecemos servizos de dinamización cultural orientado aos concellos,
asociacións culturais, turismo rural, etc..
Realización de inventario
patrimonial, estudio heráldico das casas brasonadas, elaboración de rutas
culturais, etc…
Máis información en:
Máis información en:
Teléfono:
698180431
Correo electrónico: caetracultural@gmail.com