martes, 28 de junio de 2011

Excursións cara as fins da terra galegas

Ría de Corme
Dende a prehistoria Galicia foi meta de pobos que buscaban o leito do Sol, este era concibido coma a divindade máxima que outorgaba a vida a tódolos seres vivos.

Cibdade de Borneiro


Os gregos, romanos, fenicios, exipcios, celtas,.. todos coincidían en adorar ao astro rei e tiñan a crenza de que onde se deitaba atopábase o paraíso (Campos , Illas Marabillosas, Hades, etc..).

Dolmen de Dombate
 Tamén tiñan os seus deuses encargados de levar aos individuos polo bo camiño, os mesmos deuses que acompañaban aos mortos ao Máis Alá, eran o deuses dos camiños (Hermes, Lares Viales, Bran, Breo, Breogán, etc….).

Illas Sisargas dende Monte Neme

A costa galega inzouse de santuarios dende onde se adoraban a estes deuses, eran as terras do fin do mundo -Fisterra (Finis Terrae) ficou con ese apelativo para sempre-, en moitos puntos da nosa costa erixíronse monumentos megalíticos, estacións de petróglifos, santuarios celtas, romanos, fenicios, etc..


San Xiao de Moraime
 Dende Caetra Cultural organizámos a visita guiada a estes lugares das nosas costas cheos de historia e lendas ancestrais.


San André de Teixido

Monte Branco en Ría de Corme

Dende San André de Teixido

Máis información:
Teléfono: 698180431
Correo electrónico: caetracultural@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario